Temos un cocho na casa. E non me refiro á miña irmá pequena, senón a un verdadeiro cocho que responde polo nome de Rudi Fuciños. Que como conseguimos o porco? Esa é unha longa historia. Undomingo, hai dous anos, saímos todos nós da cidade. Todos nós quere dicir miña nai, meu pai, a miña irmá Betti (que é só un ano máis nova ca min), Zuppi, a miña irmá máis pequena, e mais eu. Viaxamos no coche polas praderías de Lüneburger e final-mente chegamos a unha aldea onde estaban celebrando a festa dos bombeiros. Organizaron unha tómbola, e á miña irmá Zuppi tocoulle un cocho. Entre as gargalladas do público arrastrou o leitón ata a nosa mesa e sentoullo a mamá no colo. Era un animal san e rosa, realmente adorable. —Adorable, verdade? Mirade o seu pequeno rabo enroscado.—Precioso —dixo papá—, pero cando marchemos devolveralo. —Non! —berrou Zuppi—. Gañeino. É meu. Actividades sobre a narración

Entón Zuppi comezou a chorar, e cando quere facelo chora os sete chorares. Os das outras mesas mirábannos. —Ben, ben —dixo papá—, queda co cocho de momento. Volvemos ao coche. Tiñamos que levar o leitón no colo, xa que se o deixabamos no chan non viña connosco, corría dun lado para outro. Pero, onde se pode meter un cocho nunha vivenda da cidade?

Uwe Timm. O cocho de carreiras Rudi Fuciños

Ed. Galaxia


Última modificación: martes, 17 de novembro de 2020, 18:46