L.4 POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE RECTAS E CIRCUNFERENCIAS

POSICIÓNS RELATIVAS ENTRE CIRCUNFERENCIAS

Circunferencias CONCENTRICAS: aquelas que teñen o mesmo centro e distinto radio.

Circunferencias EXTERIORES:  están unha fora da outra.

Circunf. INTERIORES: unha dentro da outra.

Circunf, SECANTES EXTERIORES: teñen dous puntos en común e os centros están fora. Córtanse.

Circunf. SECANTES INTERIORES: córtanse pero os centros están os dous dentro dunha delas.

Circunf. TANXENTES EXTERIORES: teñen un punto en común. Unha fora da outra. Tócanse

Circunf. TANXENTES INTERIORES: tócanse nun punto como as outras pero ahora, unha está dentro da outra.

POSICIÓNS ELATIVAS ENTRE RECTAS E CIRCUNFERENCIAS

Recta EXTERIOR. Recta SECANTE. Recta TANXENTE


Última modificación: Mércores, 4 de Novembro de 2020, 09:36