L.1 PARALELAS E PERPENDICULARES
Terás que facer:
Liñas paralelas que estén formando os ángulos dos escuadros (90º, 60º, 45º, 30º) respecto dunha recta horizontal que vai polo medio
As liñas deben estar a 1 cm de separación entre elas.
Haberá tres grosores diferentes
- Liñas AUXILIARES (finas)
- Liñas DATO (medias)
- Liñas SOLUCIÓN (grosas)
Nota: as liñas que aparecen en bermello na lámina son liñas de pauta e deberán ser IMPERCEPTIBLES (é dicir, que apenas se miren). Só serven para que a ROTULACIÓN quede perfecta (que as letras se debuxen todas do mesmo tamaño).
Non confundir coas liñas AUXILIARES que son finas pero contundentes.
Última modificación: luns, 2 de novembro de 2020, 01:29