1. O xénero narrativo

Elementos da narración

Nun texto narrativo, podemos analizar unha serie de elementos:

  • Accións: Responde á pregunta: que sucede? As accións pódense completar con diálogos e descricións.
  • Narrador/a: é a persoa que conta a acción.
  • Espazo: É onde sucede a acción.
  • Tempo: É cando suceden as accións. Cando falamos do tempo temos que distinguir o tempo externo (época na que suceden as cousas) do tempo interno (canto tempo pasa na acción).
  • Personaxes: son as persoas (ou axentes) da acción. Non é suficiente con ser mencionado para ser un personaxe. É preciso realizar unha acción.