3. Personaxes

As personaxes son seres que realizan accións e lles suceden cousas.

Segundo a importancia na acción, distinguimos:

Personaxes principais, que manteñen a súa presenza durante toda a narración. Entre os personaxes principais distinguimos as protagonistas e as antagonistas. Chamámoslle protagonistas ás persoas (ou personaxes) por medio das que "vemos" as accións.

Antagonistas son as persoas (ou personaxes) que se opoñen ás protagonistas.

As personaxes secundarias son aquelas que teñen menor presenza no desenvolvemento dos feitos.

Etiquetas: