Narrativa
Pequeno recurso sobre a narrativa.
1. O xénero narrativo
Elementos da narración
Nun texto narrativo, podemos analizar unha serie de elementos:
- Accións: Responde á pregunta: que sucede? As accións pódense completar con diálogos e descricións.
- Narrador/a: é a persoa que conta a acción.
- Espazo: É onde sucede a acción.
- Tempo: É cando suceden as accións. Cando falamos do tempo temos que distinguir o tempo externo (época na que suceden as cousas) do tempo interno (canto tempo pasa na acción).
- Personaxes: son as persoas (ou axentes) da acción. Non é suficiente con ser mencionado para ser un personaxe. É preciso realizar unha acción.