1. Métrica

1.1. Ritmo

O máis importante na poesía, como xa dixemos, é o ritmo. É o que nos permite cantar o poema. Mesmo axuda na memorización.

Pensemos na Rianxeira: é difícil dicir a letra sen cantar. Polo menos sen pensar na canción.

O ritmo dánolo tanto o número de sílabas como o acento, aínda que é máis importante o número de sílabas que o acento.