Poesía

Sitio: Aula Virtual do IES Rosais 2
Curso: Lingua Galega e Literatura 1º ESO A-C
Libro: Poesía
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 3 de agosto de 2024, 04:19

Descrición

Libro sobre as cuestións básicas da poesía.

1. Métrica

A poesía é a forma fundamental do xénero lírico.

A poesía, historicamente, nace asociada ao canto. Ata que nace a escritura a poesía e o canto foron unha soa cousa. A escritura permitiu primeiro conservar a letra e logo, cando nace a escritura musical, conservar a música ou a letra e a música conxuntamente.

Para traballar correctamente a poesía imos utilizar un texto de Xavier Alcalá para o cantante galego Andrés do Barro: Teño Saudade.

1.1. Ritmo

O máis importante na poesía, como xa dixemos, é o ritmo. É o que nos permite cantar o poema. Mesmo axuda na memorización.

Pensemos na Rianxeira: é difícil dicir a letra sen cantar. Polo menos sen pensar na canción.

O ritmo dánolo tanto o número de sílabas como o acento, aínda que é máis importante o número de sílabas que o acento.

1.2. Os versos

O verso é a base do poema. Cando os representamos, é cada unha das liñas que escribimos.

Non é un capricho escribir cada verso separado dos demais. É a base do ritmo.

1.3. Rima

A rima é o segundo elemento importante na poesía. É un xeito de marcar o ritmo e, ao tempo de xogar coas palabras.

2. Os versos

Trisílabos

Tetrasílabos

Pentasílabos

hexasílabos

heptasílabos

octosílabos

eneasíalabos

decasílabos

hendecasílabos

dodecasílabos

Tridecasílabos

Alexandrinos

2.1. trisilabos

Rebelde,                                           3a Trisílaba
Unida,                                               3b Trisílaba
Alegre                                               3a Trisílaba
A mocidade activa.                           7b Trisílaba
(Dakidarría)

2.2. pentasílabos

 Fun á o muhiño               -5 (pentasílabo)
 D' o meu compadre,        a5 (pentasílabo)
 Fun pó lo vento,              -5 (pentasílabo)
 Vin pó lo aire.                  a5 (pentasílabo)

(Cantares Gallegos. Rosalía de Castro)

3. As estrofas

Estrofas máis habituais en galego.

3.1. Estrofas de 4 versos

Cuarteto.- Catro verso de arte maior con rima abrazada: A(BB)A

Que quererás de min, meu novo outono,

si xa todo cho din na última entrega;

si xa fixen balance e soio anega

tristeza ó corazón en abandono.

(Arcadio López Casanova)

Serventesio.- Catro versos de arte maior con rima encadeada: ABAB

Esa celeste música que vos reagala a orella,

que vos gorenta a alma e arrula o corazón

évos, trocada en moza, unha alborada vella

que ten catro mil anos ou máis de tradición.

(Manuel Curros Enríquez)

Cuarteto-lira.- Catro versos endecasílabos e heptasílabos con rima e combinación variable.

Como acendida lámpada en estreito

pechado camarín

así no santuario do meu peito

arde unha lus sin fin”.

(Manuel Curros Enríquez)

Redondilla.- Catro versos de arte menor con rima abrazada: abba

Galicia! Nai e Señora,

sempre garimosa e forte;

preto e lonxe; onte, agora

mañán... na vida e na morte!

(Ramón Cabanillas)

Cuarteta.- Catro versos de arte menor con rima consonante encadeada: abab

Sin a seiva nutricia

esmorecen as gallas.

Arbre antigo, Galicia,

fendérono as machadas

(Celso Emilio Ferreiro)

Cuarteta asonantada ou tirana.- Catro versos de arte menor con rima asonante encadeada: abab

Alá van nosos mociós

pasar as penas da sega,

da sega, onde se asan vivos

sen probar a auguiña fresca.

(Manuel Leiras Pulpeiro)

Copla.- Estrofa de catro versos de arte menor na que quedan libres os versos impares e riman os pares (normalmente en asonante): - a – a

A virxe de Guadalupe

cando vai pola ribeira

descalciña pola area

parece unha rianxeira.

4. As figuras literarias

Figuras literarias máis usuais na poesía.