Pais/Nais
VISITA A INDITEX
O día 28 de xaneiro, luns, o alumnado de 2º de Bacharelato D visitou a sé central de Inditex, Zara e Zara Home, en Arteixo. Alí tiveron a oportunidade de visitar, durante un percorrido guiado de dúas horas, a estrutura de Deseño, Produtos e Recursos, así como a zona de Escaparatismo virtual e saída de novas coleccións. O complexo, dotado ademais do Centro loxístico e 13 fábricas, puido ser aprezado, desprazándose en autobús dentro do propio complexo, onde tamén puideron ver o edificio intelixente complementado co muíño eólico. Coincidiron, na visita, con xornalistas de Wall Street Journal, que viñan informarse in situ sobre fenómeno Inditex, estudado en áreas económicas mesmo de diversas universidades, polas características comerciais desta firma, entre as que destacan, tal e como comentou a guía, a falta de "stock" e a rapidez na intercomunicación entre tendas, ao tempo que a capacidade para detectar as necesidades do mercado e poñelas inmediatamente na rúa. Tan interesado se mostrou o alumnado de Economía de 2º D que foron obsequiados, ao final do percorrido, coas camisetas "Cool People" da colección Zara.
Tras esta visita, desprazáronse, acompañados polas profesoras Ana Gago e María Jesús Sánchez, para poder percorrer a zona centro da Coruña, paseando pola praia de Riazor, facendo fotos na praza de María Pita e visitando a Fnac. De todo isto quedou boa constancia gráfica.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+