Pais/Nais
O día 5 de decembro D. Hipólito Puente, vicedecano do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia ofreceu unha charla-coloquio ao alumnado de 2º de Bacharelato falándolles dos estudos de Psicoloxía, Pedagoxía e Maxisterio. O alumnado mostrou grande interés nas características destes graos, requisitos de acceso a estes e perfil persoal adecuado para acertar na elección destes estudos.
O pasado 28 de novembro, no Auditorio Municipal de Vigo celebrouse unha nova edición do concerto A Harmonía dás Aulas. Nesta ocasión, celebrouse en homenaxe á profesora de Música Dª. Blanca Lorenzo Royo, xa xubilada, tras longa e frutífera traxectoria no Instituto Rosais 2, de Vigo.
Este ano participaron alumnos e profesores de nove institutos de Vigo: Alexandre Bóveda, Carlos Casares, Castelao, Álvaro Cunqueiro, A Guía, San Tomé de Freixeiro, R.O. do Uruguai, Valadares, sumándose o instituto Primeiro de Marzo de Baiona, sendo coordinados polo Instituto Rosais 2.
De especial relevancia, polo seu sentimento e calidade foi a descrición de Blanca Lorenzo, realizada pola Profª Ana Sabela Gago González, Vicedirectora do Centro que escoitou con emoción a profesora homenaxeada, quen estivo rodeada dos seus familiares, amigos máis próximos e outros compañeiros xubilados do Instituto Rosais 2.
Apuntamento biográfico:
Branca Lorenzo Royo naceu en Madrid, combinando as carreiras de Bioloxía e Piano; elixindo a música para o exercicio profesional. Concertista de piano e espineta, deu concertos en múltiples localidades de España; especializándose na música de Bach. Gañou por oposición unha praza no Conservatorio Superior de Vigo e, posteriormente, aprobou as oposicións a Profesor Agregado de Bacharelato; exercendo, a partir de 1988 no Instituto Rosais 2 de Vigo, onde deixou unha profunda pegada en alumnos e compañeiros durante vinte anos de docencia.
A súa paixón musical levouno a organizar concertos de alumnos de música culta e popular, por Sta. Cecilia, Nadal, etc. e a coordinar nove edicións de concertos intercentros A Harmonía dás Aulas.
O día 20 de novembro a profesora D ª Carlota Sánchez Puga, deseñadora do plan de estudos da Escola de Negocios Caixanova e experta en Administración de Empresas levou a cabo unha magnífica charla-coloquio co alumnado de 2º de Bacharelato, achegando datos e información sobre as características e perfís que deberán ter os futuros profesionais para adecuarse aos novos empregos. Deste modo os estudantes puideron coñecer de primeira man, as necesidades curriculares nas que se terán que formar para adaptarse aos postos de traballo do mañá.
O día 11 de novembro o profesor D. Pedro Pablo Gallego, Catedrático da Facultad de Bioloxía da Universidade de Vigo e antigo Decano desta, como experto no proceso de adecuación dos estudos Universitario ao EEES (proceso de Bolonia) ofreceu unha charla-coloquio aos alumnos de 2º de BACH, informando e orientándoos cara aos estudos superiores de grao e postgrao que poderán cursar en próximos anos.
O luns, 28 de outubro, tivemos a sorte de que o profesor e investigador da ETS de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo Fernando Aguado, aceptase o convite do departamento de Tecnoloxía para impartir unha charla aos alumnos de TIC de primeiro de Bacharelato.
O profesor Aguado, quen practicamente non ten vacacións, dedicounos o seu tempo para falarnos dos "Nanosatélites e a participación da Universidade de Vigo no proxecto GEOCID".
Utilizando unha linguaxe clara e sinxela o profesor Aguado captou o interese do alumnado dende o principio, facendo posible que puidese seguir as súas explicacións sobre: orbitación dos satélites, leis de Kepler e elementos Keplerianos, tipos de orbita (LEO, GEO e HEO), niveis de radiación no espazo e a súa influencia nos satélites, elementos e fases dunha misión espacial, a importancia dun axeitado deseño e posterior verificación, os proxectos da ESA e os seus ciclos de vida, os laboratorios da Universidade de Vigo e os seus proxectos, como son: Xatcobeo, GENSO, ESEO e ESMO.
Grazas ás súas explicacións agora temos resposta a esas típicas preguntas que nalgunha ocasión nos formulamos, como: canto custa poñer en órbita un satélite, en que lugar debe ser lanzado ou que acontece co lixo espacial.
Na charla o profesor Aguado resaltou en varias ocasións a importancia da motivación e dun bo método de traballo.
Dirixiuse ao alumnado como "Vós sodes o futuro e moitos de vós teredes postos de responsabilidade dende os cales poderedes axudar á vosa cidade, Vigo".
O pasado martes, 22 de outubro, o noso alumnado de inglés de 1º y 1º ESO disfrutaron e aprenderon cunha charla-quiz a cargo do ponente Luke Wilson por xentileza da editorial Burlington. Como se pode ver nas fotos, os alumnos participaron activamente contestando preguntas sobre cultura británica e americana.
O pasado 8 de outubro os alumnos de 2º da ESO, acompañados polos profesores de Educación Física, Manuel Quinteiro e Susana Puente, achegáronse ao parque de aventuras de Marín para facer actividades ao aire libre relacionadas coa axilidade, coordinación e sobre todo coa superación persoal.
O pasado venres, 5 de xullo, ás 18:00 h. celebrouse un acto de "recoñecemento os froitos dos teus estudos”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia.
Este galardón outórgase a aqueles alumnos e alumnas que superaron a nota de nove na Fese Xeral das probas de Acceso a Universidade, na convocatoria de xuño de 2013.
Nesta ocasión, recibiron o diploma conmemorativo oito dos nosos estudantes :
Alberto Ben Lago 9.554
Mairea Irisarri Piñera 9.523
Paloma Portela Torres 9.420
Pablo Moreno Pena 9.394
Mónica Rodríguez Arenas 9.234
Carmen Riveiro Moreno 9.115
Laura Riobó Garcia 9.092
José López Miralles 9.018
(Non puido incluirse nesta lista o alumno Pablo Castro Santamaría con 8.998 puntos, nin outros doce alumnos que tamén superaron 8 puntos)
Este ano, polo número de alumnos seleccionados destacaron o Colexio Peleterio de Santiago e o Instituto As Lagoas de Ourense. Despóis os Colexios Cristo Rey e Santa María del Mar (Jesuitas) de A Coruña, o Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra e o Instituto Rosais 2 de Vigo. Polo tanto, entre os institutos de Galicia o noso Centro quedou empatado no segundo lugar de Galiciar co IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
Este recoñecemento é extensible aos demáis alumnos do IES Rosais 2 polos seus magníficos resultados nas probas da Selectiviade.
Parabéns a todos eles e as súas familias!
O martes día 18 de xuño, os alumnos de 1º ESO acompañados polas profesoras Isabel Martín, María Martínez e Victoria Cobas, desprazáronse a Vilanova de Cerveira para facer unha visita guiada ao Aquamuseu do Rio Minho. Na zona dedicada a museo puideron ver diferentes tipos de artes de pesca en tamaño natural ou reducido, algunhas usadas no pasado e outras aínda en actividade no río. A continuación, puideron gozar dos nove acuarios onde se encontran os biótopos máis representativos do río Miño e ao final, aínda lles agardaba a sorpresa das dúas lontras Eureka e Einstein, como exemplo de mamífero presente na conca hidrográfica e que é necesario conservar protexendo o hábitat e evitando a introdución de especies exóticas que poñan en perigo a biodiversidade da zona. Despois dun breve descanso, os alumnos participaron nunha actividade de campo complemetaria, dirixíronse a un afluente próximo onde recolleron mostras de sedimentos, identificaron macroinvertebrados e determinaron o grao de contaminación das augas deste.
Trás xantar, desprazáronse en autobús ata Tui para facer unha visita guiada á catedral de Santa María iniciada no século XII, en pleno románico, e que posúe fachada principal gótica, unha das primeiras obras deste estilo realizada na península Ibérica. Dentro do Museo Catedralicio puideron admirar as pezas do tesouro, entre as que destacan o copón de coco do século XV e o talle da Virxe, coñecida como a Patroa, datada no século XIV, así como un fragmento do primitivo Retablo Maior de pedra calcaria de 1520. A visita guiada rematou no claustro, único orixinal conservado nas catedrais galegas e soberbia obra do gótico. Despois pasearon libremente pola torre grande dos Sotomayor, momento que aproveitaron para fotografar a espléndida paisaxe que se contempla dende esta.
Tras o éxito das charlas-taller do grupo Ceo Aberto, o departamento de Ciencias decidiu organizar o día 31 de maio a actividade 15 w de potencia, dirixido esta vez ao alumnado de 1º de Bacharelato. David Rodríguez, encargado de dirixila, conseguiu unha grande implicación de todo o alumnado que puido gozar dalgúns dos últimos coñecementos científicos relacionados co cerebro dunha forma lúdica e experimental.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+