Pais/Nais
O xoves 22 de xaneiro, os alumnos de 4º de ESO A visitamos a ESAD (“Escola Superior de Arte Dramático”) acompañados por Marta Estrada, a Vicedirectora, e por Marián Fernández, a nosa titora. Para nós, foi unha saída interesante e unha actividade moi productiva por diversos motivos:
O 23 de xaneiro organizouse a charla-coloquio "O Parlamento de Galicia”
D. Ramón Cortegoso Fdez, ex-deputado do PP, Dª Mª Xosé Porteiro García, ex-deputada do PSDG-PSOE e D. Enrique Viéitez Alonso, ex-deputado do BNG, foron os relatores da mesma.
O 21 de xaneiro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "Estudar na Universidade de Santiago de Compostela”
D. Celso Rodríguez Fernández, Profesor titular do departamento de Álxebra da Universidade de Santiago de Compostela, foi o relator da mesma.
O 15 de xaneiro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "Estudar na Universidade de Vigo”.
D. Ricardo Corderí Salgado, Xefe do Servicio de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, foi o relator da mesma.
O 19 de decembro tivo lugar o Festival de Nadal.
Contou coa participación de:
Alumnado de diferentes cursos, os cales realizaron diferentes tipos de actuacións: tocar o piano, violín, guitarra, cantar, bailar e monólogos.
Cursos que participaron toda a clase, como foron: 3º ESO A, B e C, e 4º ESO A, baixo a dirección da profesora de música dona Laura Rodríguez.
O grupo de teatro do Instituto dirixidos polo profesor de teatro don Guillermo Suris.
O coro do Instituto dirixido nesta ocasión por don Guillermo Suris.
Desde aquí queremos dar as nosas felicitacións a todas as persoas participantes.
O 18 de decembro, o alumnado de Relixión e máis alumnado voluntario de todos os cursos acompañados polas profesoras, dona Carmen Noceda, dona Susana Puente e dona Laura Rodríguez, realizaron un festival de Nadal nos Irmáns Misioneiros.
O 15 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato A e B acompañado polos profesores Don Juan Carlos Ares, Dona Mª José Iglesias e Dona Rosario Lucas, realizaron unha visita ao Ciqus e ao Observatorio Astronómico Ramón M. Aller en Santiago.
No Ciqus leváronse a cabo as seguintes actividades: visita a un laboratorio con demostracións e experimentos curiosos, experimento no laboratorio da sintetización da aspirina, visita aos laboratorios de instrumentación e explicación básica das técnicas de caracterización estructural.
Por outra banda no Observatorio Astronómico Ramón M. Aller falouse ao alumnado da Astronomía, observouse o ceo cun programa de simulación e mostráronse os telescopios.
O 28 de novembro o alumnado de Relixión acompañado pola profesora Dona Carmen Noceda participou na Gran Recollida de Alimentos nun centro comercial da cidade.
O 19 de novembro, os alumnos Jorge Pérez e Alberto Rodríguez de 3º ESO A, acompañados pola súa profesora de Ciencias, Dona Isabel Martín, participaron no congreso Galiciencia 2014.
O 16 de decembro continuando co ciclo de charlas de formación profesional organizouse a charla-coloquio "¿Agora que fago? Claves para a elección da túa carreira profesional".
Dona María Belén Charro Baena, profesora do departamento de Psicoloxía da facultade de Ciencias Humanas e Socias da Univesidade Pontificia de Comillas ICAI-ICADE, foi a relatora da mesma.
A relatora intentou solventar dúbidas tales como: Capacidade e aptitude para os estudos desexados, oportunidades profesionais, como facer que nos contraten, notas de acceso e bolsas de estudos.
Deu unha serie de recomendacións: coñécete a ti mesmo/a: o teu carácter, as túas fortalezas e debilidades personais, os teus intereses e afeccións, os teus valores; e coñece as distintas opcións (perfil profesional e comparativa das distintas ofertas).
Quedámonos con algunhas das súas frases: "O traballo non espera, e menos agora", "Cando hai pouco traballo haberá que inventalo:detecta as necesidades da sociedade e dálle resposta", "Ter un bo expediente sempre axuda moito aínda que en certas ocasións non basta, o teu currículo é tamén importante", "A personalidade cambia moi pouco".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+