Pais/Nais
Benvidos á web do IES Rosais 2
Radio Lingualizate
admin — Mar, 05/11/2024 - 22:28
No mes de novembro, dende Lingualízate, comezamos coa radio en directo falando de música en galego. Unha vez ao mes iremos contando a evolución da música, dende as nosas pandereteiras ata a música actual, ata chegar ás Letras Galegas, este ano dedicadas ao noso patrimonio inmaterial
Pasamos á final do concurso ciberseguridade no cole!
admin — Mar, 05/11/2024 - 22:18
O 15 de outubro o alumnado de 2º ESO participou no concurso “Ciberseguridade no cole!” e un dos nosos grupos pasou á final que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. A presentadora será Esther Estévez (presentadora do Programa “DígochoEu” de TVG) e terá lugar o 7 de novembro de 2024 no IV Encontro CIBER.gal.
O concurso ten como obxectivo concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan no día a día cando empregan as tecnoloxías dixitais, e ao mesmo tempo axudarlles a que poidan aprender boas prácticas en ciberseguridade dunha maneira amena e divertida.
Noraboa tanto ao alumnado como ao profesorado de Tecnoloxía do instituto!
Unha biblio de medo!
admin — Mar, 05/11/2024 - 13:12
Esta semana na biblioteca celebramos o Samaín con lecturas de relatos terroríficos, taller de chupas/arañas e unha decoración terrorífica, que fixo que nos recreos o alumnado non parase de pasar por alí.
Obradoiro de regueifas 2024
admin — Lun, 21/10/2024 - 09:26
Estes días o alumnado de 3º ESO tivo a sorte de contar con Bieito Lobariñas para aprender sobre as regueifas, que consisten nun diálogo cantado (normalmente improvisado) no que a ironía e o bo humor sempre son benvidos.
Visita ao museo meirande e illa de san simón
admin — Lun, 21/10/2024 - 09:13
O día 27 de setembro, 65 alumnos/as de 3º ESO e 4 profesores visitamos o Museo Meirande (Rande) e a illa de San Simón. A primeira hora da mañá, embarcamos no porto de Vigo para dirixirnos, entre nubes e sol, ao Museo de Rande, primeira parada, onde aprendemos o significado da Batalla de Rande e as súas consecuencias, así como diversos aspectos da cría do mexillón nas bateas. Ao rematar a visita, volvemos a embarcar con dirección ás illas de San Simón e San Antón. Paseamos polos os seus lugares emblemáticos e coñecemos os trazos máis destacados da súa historia. Unha vez percorridas as illas e despois dun tempo para plasmar a fermosura da ría nas consabidas fotos, volvemos ao porto de Vigo onde dimos por finalizada esta interesante saída didáctica organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e o de Bioloxía e Xeoloxía.
Roteiro didáctico: senda litoral Massó - Liméns
admin — Mér, 05/06/2024 - 10:27
O 22 de maio o alumnado de 1º E.S.O. participou nunha saída didáctica organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polos profesores/as Xosé Manuel Lago, Raúl Matos e Olga Mijón.
No roteiro puideron observar edificios industriais como a fábrica de conservas de Massó, o almacén de Salazón e a Baleeira de Massó que no pasado tiveron un papel relevante na vila de Cangas, ademais no roteiro litoral de camiño á Praia de Liméns explicouse a formación da ría de Vigo, das illas Cíes e as Furnas de Santa Marta. Na Praia de Liméns achegáronse datos das especies vexetais e da formación das dunas, e sobre o fondo de maërl, fondos protexidos, de elevada biodiversidade, constituídos por algas calcáreas tridimensionais. Por último visitamos a Lagoa de Massó ou “A Congorza” onde avistaron aves.
Proyecto de intercambio con alemania del departamento de alemán en el ies rosais 2
admin — Ven, 24/05/2024 - 12:10
O instituto Rosais-2, o único de Vigo que fala alemán
admin — Xov, 23/05/2024 - 11:14
II Olimpíada Nacional de Teleco: Gran éxito do noso centro
admin — Xov, 23/05/2024 - 09:38
Preto de 300 estudantes de medio cento de institutos de ensino secundario de toda Galicia participaron entre o xoves 25 e sábado 27 de Abril na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na II Olimpíada Nacional de Teleco , unha cita na que se reta ás alumnas e alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional a que realicen un proxecto de telecomunicacións que solucione algún dos problemas aos que se enfronta a nosa sociedade. Nesta ocasión os prototipos presentados tiñan que estar vinculados co ODS 3 da Axenda 2030: saúde e benestar.
Ao igual que na súa primeira edición, a Olimpíada Nacional de Teleco desenvólvese en dúas fases: unha galega na EET da UVigo, e outra nacional, na que compiten os proxectos gañadores das distintas competicións locais. A fase nacional desenvolverase durante o mes de maio nunha final en liña.
Na fase Galega xa rematada temos a excelente noticia de anunciar que o noso centro logrou un gran éxito ao ser galardoado co segundo premio tanto nas categorías da ESO e de Bacharelato. Os nosos parabéns para o Departamento de Tecnoloxía e as rapazas e rapaces participantes neste evento pertencentes o grupo de Tecnoloxía de 4º da ESO e de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+