Roteiro "A Esmorga"

 O luns 20 de marzo de 2023 o alumnado de 4º ESO A e B acudiu a Ourense para realizar o roteiro da obra literaria A Esmorga de Eduardo Blancoamor. Previamente leron a obra na clase de Lingua e Literatura Galega para poder ter un coñecemento previo do itinerario polos escenarios urbanos do texto.

Acompañados das súas profesoras, Ana Otero, Noelia Besteiro e Rocío López, e mais un guía da Oficina de Turismo, profesorado e alumnado gozaron dunha xornada na que se mergullaron de cheo nos lugares polos que transitan os personaxes da obra literaria coñecendo as diferentes localizacións da cidade de Auria como son as Burgas ou a Praza do Correxidor, entre outros moitos escenarios.

Foi unha xornada moi ilustrativa e entretida.