Poesía e premios no Río Cabe

 

“Poemdemia” é o título do poema co que a nosa compañeira do departamento de inglés, María Álvarez, se presentou ao  concurso  de poesía organizado pola Escola de Idiomas de Monforte  para celebrar a semana das Letras Galegas e que resultou galardoado co primeiro premio.

 

Dende o centro queremos felicitar á nosa compañeira polo seu bo facer,e reiterarlle as felicitacións, xa que non é iste o único galardón que gañou no corto período de tempo que leva con nós, senón que acadou ademais o primeiro premio de Microrrelatos organizado por Nuria Mariño, do departamento de lingua española , co precioso  relato “Abride as cancelas, que quero ver o río”.

 

Xa sabiamos que María é artista, que ademáis destaca en outras artes, como a  música, e cada novo premio non fai máis que confirmárnolo.

 

 

NORABOA, María, polos ben merecidos premios!!

 

 

Desexamos que colleites  moitos máis  e que os veñas celebrar connosco, á túa casa.

 

 

 A música de Poemdemia está composta polo guardés Bieito Álvarez; podedes escoitalo  no seguinte enlace:

 

 https://youtu.be/rRcZhFV_bpw

 

 

   “Abride as Cancelas, que Quero Ver o Río”

 

 

 Saía pola cancela do IES Río Cabe

 

Sen sospeitar o tempo que se había consumir sen voltar a ela.

 

Inocula literatura e chocolate na espera de novas benevolentes

 

No seu fogar errante, en Monforte de Lemos.

 

O calendario recordáballe que nunca entendeu os reloxos

 

día 26 de confinamento!

 

Sentiu a catarse do destempo

 

O anacronismo dun mundo que lle era familiar

 

Pero non recoñecía

 

Os aplausos daban as 20.00 H.

 

E devolvérona a casa

 

E fantaseou coas vidas das veciñas 

 

E tamén quixo aplaudir

 

A todos aqueles que quedan fóra dos cadernos de bitácora.

 

Sorriu e bateu forte as mans.