Les Sablés de Noël
As alumnas do segundo ano de Bacharelato, acompañadas de Pilar, a súa profesora de Francés, invitáronnos a degustar unhas deliciosas Sablés de Noël que elas mesmas elaboraron. A degustación tivo lugar no recreo do pasado xoves,19 de decembro.
Ademais as alumnas fixeron uns posters que colocaron á entrada do centro coa receita das pastas explicadas paso a paso, así que non queda xa excusa para non repetir. Félicitations à tous!!