Charla de Carmen García Rodeja e Miguel Bugliot: "Galegos e españois en Mauthausen, unha historia non recoñecida"
Este venres 8 no Salón de actos do centro os alumnos de 1º e 2º de BAC asistiron a unha charla impartida por Carmen García Rodeja (investigadora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e Miguel Bugliot, sobriño do deportado a Mauthausen Manuel Barreiro Bugliot,
O acto enmárcase nas actividades organizadas pola Biblioteca con motivo da Exposición "F. Boix fotógrafo de Mauthausen" (que estará no noso centro ata o venres 15). A charla levou por título: "Galegos e españois en Mauthausen".
Os poñentes acercáronnos ó tema das deportacións de españois a campos de concentración, centráronse na necesidade de recuperar a memoria histórica das persoas que foron represaliadas ou perderon a vida sen que, en moitos casos, os familiares teñan a oportunidade de enterrar dignamente os seus restos e homenaxear o seu recordo.
Miguel Bugliot tamén leu varias emotivas cartas de familares das vítimas que naquel momento dan unha visión moi real da dor que lles tocou vivir, pola guerra, carencias, medo e o sofremento que provocou a ausencia inxustificada dos seres queridos, por causas de intolerancia e marxinación do que simplemente pensa distinto ou se lle considera inferior por algunha razón.
Esta Asociación traballa de modo altruísta para que as familias podan recuperar os restos dos seus, que ás veces acabaron en fosas comúns ou non están aínda localizados.É importante non esquecer episodios cercanos do noso pasado que moitas veces están silenciados no inxusto olvido.
Rapaces e profesores plantexaron moitas cuestións e reflexións tras unha interesada e atenta escoita de todo o público presente.