Alumnado de 2º de bacharelato na I Feira de Innovación USC-ABANCA
O alumnado de 2º de bacharelato tivo a ocasión de asistir o día 27 de novembro á I Feira de Innovación, organizada en Santiago de Compostela pola Universidade USC e a entidade financeira ABANCA; tras as xestións realizadas pola Orientadora do centro, Consuelo Rodríguez Prieto, para poder acudir á mesma e realizar diferentes actividades.
Na Feira participaron máis de 2.000 estudantes, que tiveron a oportunidade de asistir a exhibicións das máis innovadoras tecnoloxías, presentación de spin-offs e patentes xurdidas na Universidade compostelá, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias, entre outras moitas actividades.
A nosa chegada tivemos ocasión de asistir a unha videoconferencia coa actual Conselleira de Educación, Carmen Pomares Tojo. A continuación podedes ver o vídeo da mesma co alumnado do IES Río Cabe expectante:
De seguido percorrimos a feira, degustamos algún tentempie e asistimos a unha conferencia de Jorge Mira sobre o cambio do uso horario e o ilóxico que sería modificalo.
Pola tarde tivemos ocasión de participar nun "taller Lego", para reflexionar sobre as profesións do futuro dun xeito lúdico e divertido. Facendo click na seguinte imaxe podedes ver algunhas das fotografías do día: