Sesións de intelixencia emocional con cabalos
No mes de novembro, parte do alumnado de 2º de ESO participou en tres sesións de intelixencia emocional e coaching con cabalos no El Rincón de Finca El Carmen. Cada día traballaron de forma individual e en equipo todos os aspectos relacionados co desenvolvemento persoal a través dos cabalos, buscando a través da diversión a reflexión sobre a súa relación consigo mesmos e co mundo que lles rodea.
Podedes ver algunha fotografía da actividade no seguinte álbum e no facebook "El Rincón de Finca El Carmen".