Observ Igualdade

O IES Ricardo Mella "Por 365 días de igualdade" 1º trimestre

SOMOS DIFERENTES, SENTIMOS IGUAL

Resumo do traballo realizado no IES RICARDO MELLA no 1º trimestre no marco do plan proxecta "Por 365 días de igualdade"

O noso IES participou dunha XORNADA HISTÓRICA

O pasado 8M foi unha xornada histórica en todo o mundo na revindicación de dereitos e igualdade efectiva na nosa sociedade. O instituto tivo a súa representación nas masivas manifestacións que houbo en Vigo. Graciñas a todo o alunado e profesorado que participou activamente na organización e na realización de pancartas, carteis, etc.

IES RICARDO MELLA POR 365 DÍAS DE IGUALDADE

Concentracion 8M

"Voces vivas": relatos de mulleres

O pasado 6 de marzo tivemos a sorte de contar cunha interesante mesa redonda onde catro recoñecidas mulleres compartiron as súas experiencias dende ámbitos diferentes. Achegas dende o mundo político, laboral, empresarial e social, que deron pe a oportunas reflexions sobre a situación da muller na actualidade. 

 

 

Arredor do 8M día internacional da muller traballadora

Dende o grupo de igualdade do IES Ricardo Mella estanse a propoñer múltiples actividades co obxecto de convivir nun centro máis inclusivo. Esta é unha semana importante para visibilizar a desigualdade existente na sociedade actual. Aqui deixámosvos o calendario de actividades destes días. 

Actividades 8M

Falando sobre MASCULINIDADES

O 1 de marzo contamos co técnico en igualdade do concello de Lalín, Celso Taboada, para falarnos sobre as masculinidades. Aqui tedes algúns momentos.

 

Distribuir contido