Proceso de admisión a Ciclos de Formación Profesional, FP dual intensiva e Cursos de Especialización. Curso 2024-2025

 

Aberto o procedemento de admisión dirixido ao alumnado que quere acceder a Ciclos Formativos (ordinario, adultos modular presencial e adultos modular semipresencial/distancia), FP Dual intensiva e Cursos de Especialización.

Toda a información está a túa disposición na web de FP da Consellería de Educación, ciencia, universidades e formación profesional.

Para acceder ás instrucións xerais pincha no enlace: Instrucións admisión a FP curso 2024/25

Os prazos do proceso de admisión podes atopalos no enlace: Calendario do proceso de admisión 2024/25

A solicitude debes realizala a través da aplicación CiclosAdmisión

Instrucións do uso da aplicación para a solicitude e seguemento do proceso: Asistente informático

Consulta a Oferta formativa do IES Ricardo Mella

 

Horarios ciclos formativos réxime de adultos presencial 

Podedes consultar os horarios dos ciclos formativos do réxime de adultos presencial. Pódenvos axudar a decidir os módulos (de entre aqueles que vos adxudiquen) nos que vos debedes matricular para evitar solapamentos. 

 

 MOI IMPORTANTE: Lembren que non matricularse ou non reservar en prazo, en calquer adxudicación, perderán a praza adxudicada. Para mais información lean detidamente as instruccións expostas no portal educativo, que prevalecerán ante calquer información publicada nesta páxina.