Para este 25 N traballamos a Prevención das Violencias Machistas co noso alumnado

Dende o equipo de Igualdade do centro queremos animar a toda a comunidade educativa a colaborar na prevención da violencia machista entre o voso alumnado, xa que o repunte de violencia na mocidade é alarmante.

Coa intención de contribuir na formación do noso alumnado non so nos contidos teóricos, senón tamén nas boas prácticas, no respecto, a igualdade e a responsabilidade social, facilitámosvos unha serie de ferramentas e actividades para poder traballar co voso alumnado:

 

 

Dende Vicedirección enviarásevos a proposta da tarefa xunto coas propotas do Programa do Concello para a prevención da Violencia Machista "Enlaza Vigo" e ás que podedes acceder dende ESTA LIGAZÓN.