A plataforma Webs dinámicas permite a cada centro educativo dispor dunha aula virtual. As aulas virtuais son espazos dixitais de traballo que permite dispoñer dun espazo web online para organizar os contidos das unidades didácticas, repositorio de contidos e documentos, espazo de intercambio e comunicación entre profesorado e alumnado, e lugar de realización de tarefas por parte do alumnado, etc.

Ademais, estas aulas, ofrecen unha ampla flexibilidade á hora de importar e exportar actividades realizadas nos propios cursos ou noutras plataformas Moodle, e na exportación e importación de cursos, polo que calquera docente pode utilizar cursos xa elaborados, adaptando os contidos á realidade da aula.

Identificar o hardware idóneo e necesario para montar o servidor, o NAS e router con firewall

Identificar o software de S.O. idóneo para instalar nos equipos

Orzamentos de hardware e software

Montar os equipos , colocalos en Rack e conectalos entre si.

Instalar software de S.O. nos equipos e probar conectividade.

Configurar os equipos e instalar as aplicacións restantes.

Xestión de Grupos, Usuarios e Máquinas no Servidor.

Xestión de enrutamento e firewall no Router.

Xestión do almacenamento en NAS.