Skip to Content
ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN COMERCIO E MÁRKETING ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA INDUSTRIAS EXTRACTIVAS EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL FCT / BOLSA DE EMPREGO

CICLO DE GRAO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

CICLO DE GRAO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA   (+info)

Andas na procura dun ciclo de grao medio que se imparta só polas mañás?  Queres estudar algo práctico que che permita atopar un traballo fácilmente? Chaman a túa atención as tarefas de oficina? Gustaríache ter a posibilidade de irte de ERASMUS a un país estranxeiro?  Se a túa resposta é sí, sigue lendo porque isto che vai interesar…

Que vou aprender no CM de Xestión Administrativa?

No CM de Xestión Administrativa aprenderás a realizar as principais tarefas administrativas que se levan a cabo nunha empresa, por exemplo emitir facturas, atender telefonicamente aos clientes, manexar programas ofimáticos, levar a contabilidade, xestionar documentación bancaria, preparar unha nómina... e incluso terás a oportunidade de crear e poñer en marcha o teu propio proxecto empresarial!

Cando remate o CM de Xestión Administrativa, que poderei facer?

TRABALLAR

Unha multinacional téxtil, unha startup tecnolóxica, unha empresa de automoción, unha correduría de seguros, un centro de saúde, un concello… sabías qué en tódalas empresas privadas e organismos públicos, sexa cal sexa o seu tamaño ou actividade, necesítase persoal administrativo? O CM de Xestión administrativa diríxise a todas aquelas persoas que queiran formarse coma AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A nas súas diferentes especialidades:

  • Auxiliar administrativo/a de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal. 
  • Auxiliar administrativo/a comercial e de atención ao cliente.
  • Auxiliar administrativo/a contable e de facturación.
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.

SEGUIR ESTUDANDO

Por outra banda se o que te plantexas é seguir estudando, con este título poderás acceder a calquer Ciclo Superior de Formación Profesional, tendo a opción de solicitar a convalidación de varios módulos dependendo dos estudos escollidos. 

Cales son os módulos que vou estudar no CM de Xestión Administrativa?

O CM de Xestión administrativa estructurase en dous cursos académicos ao longo dos cales cursarás os seguintes módulos ou asignaturas sempre dacordo a un enfoque práctico centrado nas tarefas que efectivamente vas ter que desempeñar na empresa:

 

Curso 

Módulo profesional 

Sesións semanais

  1º 

Operacións administrativas de compravenda

5

Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

6

Técnica contable

5

Tratamento informático da información

10

Inglés

6

Formación e orientación laboral

4

  2º 

Comunicación empresarial e atención á clientela

7

Operacións administrativas de RRHH

7

Tratamento da documentación contable

6

Empresa e administración

7

Empresa na aula

10 

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Canto duran as prácticas do CM de Xestión Administrativa e onde podería facelas?

Unha vez teñas aprobado todos os módulos que integran o CM de Xestión Administrativa poderás acceder ao período de prácticas ou FCT, que ten unha duración de 3 meses aproximadamente (410 horas).

O IES Ribeira do Louro está situado nunha zona estratéxica preto de grandes polígonos industriais, así que dispoñemos dunha rede ampla e estable de empresas colaboradoras onde poderás realizar as túas prácticas coas máximas garantías de aproveitamento e profesionalidade. Cabe sinalar que a taxa de inserción laboral do noso CM de Xestión Administrativa é moi elevada, de feito moitos dos nosos estudantes son contratados directamente polas empresas unha vez teñen rematado o seu período de prácticas nas mesmas.

Cinco motivos para estudar o CM Xestión administrativa no IES Ribeira do Louro frente a outros centros educativos!

1) HORARIO EXCLUSIVAMENTE DE MAÑÁ

As clases do CM de Xestión administrativa no IES Ribeira do Louro son exclusivamente en horario de mañá de modo que poderás dispor das tardes libres para compatibilizar a túa vida persoal e laboral.

2) FORMACIÓN EN INGLÉS

Hoxe en día a nivel laboral os idiomas son fundamentais e particularmente no caso dos profesionais administrativos, dispor dun título de inglés incrementa considerablemente ás súas  posibilidades de atopar un bo traballo. No CM de Xestión administrativa no IES Ribeira do Louro terás a posibilidade de matricularte nun curso gratuito e voluntario impartido polo propio instituto para preparar os exames oficiais de certificación da Escola Oficial de Idiomas, Cambridge, Trinity…

3) VISITAS A EMPRESAS E INSTITUCIÓNS NACIONAIS E INTERNACIONAIS

Como estudante do CM de Xestión administrativa no IES Ribeira do Louro poderás participar cada curso nunha ou varias saídas académicas nacionais ou internacionais para visitar empresas ou organizacións que se consideren relevantes para o traballo administrativo.

4) MOBILIDADES ERASMUS

Ademáis, poderás solicitar mobilidades ERASMUS para estudar ou realizar prácticas laborais nunha empresa ou institución dun país europeo (Ex. Italia, Irlanda, Malta, Portugal…) recibindo a correspondente axuda económica para sufragar os teus gastos durante a estadía.

5) BOLSA DE EMPREGO PROPIA

Unha vez rematado o ciclo, se o que queres é traballar, o IES Ribeira do Louro dispón dunha Bolsa de Emprego propia na que os nosos estudantes titulados poden inscribirse e así recibir ás diferentes ofertas laborais que nos remiten as empresas da zona. Cabe sinalar que dende a súa creación son moitos os estudantes que conseguiron un posto de traballo  grazas a esta iniciativa!

Que teño que facer para matricularme no CM Xestión administrativa no IES Ribeira do Louro?

En primeiro lugar, para poder matricularte no CM de Xestión Administrativa deberás cumprir con algún destes requerimentos:

  • Ter o título da E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria)
  • Ter un título de Formación Profesional Básica ou os PCPI equivalentes.
  • Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de Grao Medio.

Se este é o teu caso, non dubides en poñerte en contacto coa Secretaría do IES Ribeira do Louro en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h para recibir a información correspondente e unirte á nosa comunidade educativa!



page | by Dr. Radut