CICLO DE GRAO MEDIO DE INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS (+info)
Gustaríache obter unha titulación nun sector que demanda profesionais cualificados? Queres saber como realizar a instalación eléctrica da túa casa? Gustaríache colocar dispositivos domóticos e automatizar os elementos eléctricos? Interesaríache realizar o despregamento de fibra óptica? Queres coñecer o funcionamento dos ordenadores e aprender a reparalos? Gustarícahe saber como conectar ordenadores en rede? Sabes que todos os edificios están obrigados por lei a ter unha infraestrutura común de telecomunicacións e que poden a aprender a instalala?
Quen pode cursar este ciclo? (+info)
Para poder matricularse no ciclo medio hai que cumprir algún destes requerimentos:
- Ter o título da ESO (70%).
- Ter o título profesional básico (ou os PCPI equivalentes) (20%).
- Superar as probas de acceso a ciclos (ciclo medio) (10%)
Que se aprende a facer?
Os distintos módulos que se imparten dan unha visión ampla en moitos campos, dende as instalacións eléctricas básicas, ata a electrónica aplicada, pasando polas instalacións de seguridade ou de megafonía e sonorización.
Desta forma, o que se aprende neste ciclo é montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto ambiental.
Cales son as saídas profesionais deste ciclo?
O perfil profesional deste título, dentro do sector terciario, evoluciona cara a un persoal técnico con grande especialización na instalación e no mantemento de infraestruturas de telecomunicacións (ICT), sistemas de seguridade, redes, domótica, telefonía, son e equipamentos informáticos, e cun incremento no desempeño de funcións de planificación, calidade e prevención de riscos laborais.
Trátase dun sector con grandes perspectivas de futuro, cunha gran demanda de traballadores cualificados:
- Instalador/a de telecomunicacións en edificios de vivendas
- Instalador/a de antenas
- Instalador/ora de sistemas de seguridade
- Técnico/a en redes locais e telemática
- Técnico/a en instalación e mantemento de redes locais
- Instalador/a de telefonía
- Instalador/a montador/a de equipamentos telefónicos e telemáticos
- Técnico/a en instalacións de son
- Instalador/a de megafonía
- Instalador/a mantedor/a de sistemas domóticos
- Técnico/a instalador/a mantedor/a de equipamentos informáticos
- Técnico/a en montaxe e mantemento de sistemas de radiodifusión
En que horario se imparten as clases?
O horario neste centro de ensinanza é só de mañá:
Luns: 7:55h a 15:15h
Martes a venres: 07:55h a 14:20h
Canto duran as prácticas e onde podo facelas?
Unha vez que se aproben todos os módulos hai que realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT), que son as coñecidas “prácticas” en empresas. O periodo de prácticas é o terceiro trimestre do segundo curso cun total de 410 horas.
Estas prácticas realízanse en empresas da zona que se dedican a realizar instalacións de telecomunicación, como poden ser instalacións de antenas de televisión, de redes informáticas, domóticas, infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios (ICT).
As prácticas ofrecen a posibilidade de coñecer o mundo laboral e que as empresas te coñezan a ti, dándose a oportunidade nalgunha ocasión de conseguir un contrato laboral.
Cando remate o ciclo, que podo facer?
Ter o título de Técnico/a en Instalacións de Telecomunicacións permíteche acceder a outros ciclos de formación de grao medio e superior. E cun título de ciclo superior poderás seguir estudando na universidade, onde haberá materias que che convalidarán por telas realizado no ciclo.
Ser posuídor do título de Técnico en Instalacións de Telecomunicación facilítache a inserción no mundo laboral nun sector que as propias empresas trasladan a necesidade de persoal cualificado que non atopan doadamente.
Ademais, ao estudar no IES Ribeira do Louro, podes facer parte da Bolsa de Emprego para poder ter acceso as ofertas que publiquen as empresas colaboradoras.
Cales son os módulos que vou estudar?
Os módulos do ciclo distribúense en dous cursos seguindo a seguinte táboa. O terceiro trimestre do segundo curso dedícase á formación en centros de traballo (FCT) (prácticas en empresas).
Curso
|
Código
|
Módulo profesional
|
h
|
h/sem
|
1º
|
MP0359
|
Electrónica aplicada
|
266
|
9
|
MP0360
|
Equipamentos microinformáticos
|
133
|
5
|
MP0156
|
Inglés profesional
|
|
2
|
MP1709
|
Itinerario persoal para a empregabilidade I
|
|
4
|
MP0363
|
Instalacións de megafonía e sonorización
|
160
|
6
|
MP0365
|
Instalacións de radiocomunicacións
|
107
|
3
|
MP0362
|
Instalacións eléctricas básicas
|
187
|
6
|
MP1708
|
Suntentabilidade aplicada ao sistema produtivo
|
|
1
|
2º
|
MP0364
|
Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica
|
157
|
9
|
MP0367
|
Empresa e iniciativa emprendedora
|
53
|
3
|
MP0238
|
Instalacións domóticas
|
123
|
7
|
MP0237
|
Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios
|
123
|
7
|
MP0361
|
Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía
|
174
|
10
|
MP0368
|
Formación en centros de traballo
|
410
|
|
Por qué estudar este ciclo no IES Ribeira do Louro?
Os distintos módulos están enfocados cara a destreza práctica, complementando a formación e tratando de conseguir unha aprendizaxe completa e significativa. Ademais da formación, outórgase gran importancia ao coñecemento do sector realizando saídas a:
- Empresas do sector das posibles saídas profesionais do módulo.
- Visitas a outras empresas relacionadas co sector.
- Feiras relacionadas coas telecomunicacións Feiras dedicadas á formación.
Existe tamén a posibilidade de realizar as prácticas en empresas no estranxeiro a través das mobilidades Erasmus.