FP BÁSICA DE REFORMA E MANTEMENTO DE EDIFICIOS
¿POR QUE DEBES ESTUDAR ESTE CICLO NO IES RIBEIRA DO LOURO?
¿Queres aprender una profesión moi demandada á vez que sacas a ESO? Se tes 15 anos e non eres capaz de sacar os estudos da ESO, a FP Básica de Reformas e Mantemento de Edificios dache a posibilidade de formarte nunha profesión á vez de obter a titulación dos estudos do nivel ESO. Este ciclo de FP Básica ten como obxetivo formar a futuros especialistas capaces de realizar tarefas básicas de mantemento e rehabilitación en edificacions. Durante o programa de estudos, os alumnos adquiren os coñecementos e habilidades necesarias para levar a cabo labores de unha reforma de vivenda, por exemplo, entre outras. O plan de estudos basase nunha combinación equilibrada de teoría y práctica, o que permite ós estudantes aplicar os conceptos aprendidos en situaciones reais. Ademais, contarán cun equipo docente altamente cualificado e con ampla experiencia no sector, que os guiará e apoiará no proceso de aprendizaxe. Unha das ventaxas máis destacadas deste ciclo de FP Básica é o seu enfoque práctico e orientado o emprego. Ó finalizar os estudos, os alumnos estarán preparados para incorporacion ó mercado laboral e desempeñar labores de mantemento e rehabilitación nas empresas do sector da construcción, empresas de servizos, etc, xunto ca titulación de FP Básica que é un equivalente da ESO.
¿Gustaríache entrar nun sector con capacidade de progresar na profesión ata postos de responsabilidade? Actualmente o sector da construcción en temas de reformas e adecuacións está moi demandado e en constante crecemento. Fai falla persoal cualificado que abrangue todo tipo de traballos deste tipo: reformas de acabados de baños, cociñas, peches de fincas, arranxos de tellados, fachadas…. Unha vez rematados estos estudos, pódese acceder a outros FP de grado medios ou superiores da familia de Edificación e Obra Civil, e así ir progresando na profesión pasando de postos de axudantes e oficiales ata encargados, ampliando así as oportunidades de desenvolvemento profesional.
¿Gustaríache obter unha titulación na que sempre vas atopar traballo? Debido á alta demanda de profesionais especializados no sector e as tendencias no mundo da construción, as empresas e a sociedade necesitan persoal cualificado para asegurar a subsistencia do sector a nivel de recursos humanos.
¿Gustaríache viaxar por territorio nacional e internacional para coñecer como funciona o sector? Ademais da formación, outorgámoslle unha gran importancia ao coñecemento do sector. Por iso, ademais da formación, realizamos saídas a:
- Centros de traballo das empresas.
- Visita a outras empresas relacionadas co sector.
- Feiras relacionadas coa construción.
- Visitas a obras en curso.
- Charlas e formacións singulares de empresas ou profesionais.
¿Queres coñecer a importancia do sector desde distintos puntos de vista? O profesorado que imparte os distintos módulos pertence a distintos ámbitos, o que potencia e complementa a formación, ao ter unha visión global desde distintos puntos de vista. Actualmente contamos cun gran equipo de profesionais arquitectos, enxeñeiros civís e especialistas cunha ampla experiencia no sector de construcción, fabricación, colocación… E principalmente un equipo moi empático, adaptado aos tempos e con moitas ganas de darle outra perspectiva de futuro ó alumnado que non é capaz de seguir o curso dos estudos tradicionais.
Se che interesa todo o exposto anteriormente, con este ciclo formativo básico, coñecerás una das profesións mais demandadas actualmente, nun sector cunha necesidade urxente de profesionais capacitados. Este ciclo formativo ven a cubrir parte das expectativas que demanda o sector. Polo tanto, o ciclo formativo en Reforma e Mantenimiento de Edificios, forma ós alumnos para unha profesión con gran futuro, posto que brinda as ferramientas necesarias para convertir a éste nun profesional ben cualificado e muy valorado no mercado laboral.
¿QUEN PODE CURSAR ESTA FP?
Para poder matricularse no ciclo os candidatos deben ter 15 anos e haber superado 2º curso da ESO.
¿QUE SE VAI APRENDER NESTA FP?
A competencia xeral do título profesional básico de Reforma e Mantemento de Edificios consiste en:
- realizar traballos auxiliares en obras de construción, de obra nova,
- rehabilitación e reforma,
- colaborando na execución de fábricas para revestir, na aplicación de revestimentos continuos e nos traballos de azulexado,
-pavimentación,
- pintura,
operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. SON AS SAÍD
¿CALES SON AS SAÍDAS PROFESIONAIS DO CICLO?
Dada a evolución do sector e a demanda de man de obra cualificada, podes dedicarte a:
- Operario/a de albanelaría básica.
- Axudante/a de albanel.
- Peón especializado.
- Axudante/a en pavimentación para urbanización.
- Axudante/a de solador/ora.
- Axudante/a de azulexador/ora.
- Axudante/a de esacaiolista.
- Auxiliar de xeseiro/a.
- Axudante/a de acabamentos.
- Auxiliar de empapelador/ora.
- Axudante/a de pintor/ora.
- Axudante/a de revestimentos continuos.
- Axudante/a de mantemento básico de edificios.
¿CANTO DURA O PERÍODO DE FORMACIÓN NA EMPRESA?
O ciclo FP Basico de Reformas e Mantementos ofrécese, unicamente na provincia de Pontevedra, no Instituto Ribeira do Louro de Porriño. Unha vez que se aproben todos os módulos hai que realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) que son as coñecidas “prácticas” en empresas. O periodo de prácticas é o terceiro trimestre do segundo curso cun total de 320 horas. Estas prácticas realízanse en empresas da zona que se dedican a realizar instalacións de telecomunucación, como poden ser instalacions de antenas de televisión, de redes informáticas, dómoticas, infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios (ICT).
As prácticas ofrecen a posibilidade de coñecer o mundo laboral e que as empresas te coñezan a ti, dándose a oportunidade nalgunha ocasión de conseguir un contrato laboral.
¿CALES SON OS MÓDULOS QUE SE ESTUDAN?
Os módulos do ciclo distribúense en dous cursos seguindo a seguinte táboa. O terceiro trimestre do segundo curso dedícase á formación en centros de traballo (FCT) (prácticas en empresas).
Curso
|
Módulo profesional
|
h/sem
|
1º
|
Ciencias Aplicadas I
|
6
|
Comunicación e sociedade I
|
7
|
Albaneleria Básica
|
8
|
Reformas e mantemento básico de edificios
|
5
|
Traballos de pavimentación exterior e urbanización
|
4
|
2º
|
Ciencias Aplicadas II
|
6 |
Comunicación e sociedade II
|
4 |
Gornecementos e revocaduras
|
4 |
Falsos teitos
|
4 |
Pinturas e empapelamento
|
7 |
Formación en centros de traballo (al finalizar la formación en IES)
|
320h |
¿CANDO TERMINE O CICLO QUE PODO FACER?
Esta FP básica está orientada cara a unha entrada rápida no mercado laboral. A alta demanda de persoal especializado fai del unha oportunidade única para coñecer un sector que precisa de persoal cualificado. Ademais, se tes outras inquietudes, tamén che dá acceso a continuar con estudos de nivel superior.
- ACCEDER AO MERCADO LABORAL: Na actualidade coa demanda existente, asegúrase unha taxa de inserción do 100% para todo o alumnado que desexe entrar no sector. A pesar da rápida evolución de todo o mercado laboral, este sector, dada a formación adquirida, garante unha profesión na que facer carreira e progresar a medida que se vaia adquirindo experiencia. A alta demanda de profesionais do sector na zona augura un bo futuro a todo aquel que se anime a emprender co seu propio negocio.
- SEGUIR ESTUDANDO: Dada a boa predisposición do sector privado, e tras o éxito desta primeira promoción, está a barallarse a posibilidade coa administración educativa de aumentar a formación desta familia profesional. Ademais, existe a posibilidade de continuar a formación con Ciclos doutras familias profesionais medios ou superiores da familia Edificación e Obra Civil.