Chegamos xa ao último día desta semana conmemorativa cun vídeo no que o alumnado de Artes Escénicas e Danza (4º ESO C) dramatiza o poema "Xan" de Rosalía de Castro no que se ironiza sobre a explotación da muller que traballa dentro e fóra da casa. Na cultura popular, "Xan" é un termo pexorativo para referírmonos a un home que se deixa manipular. Pero como di a poeta: "cando un busca un Xan, case sempre atopa un Pedro".
https://www.youtube.com/watch?v=fJW6sH9qvFY
Grazas a tod@s, profesorado e alumnado, pola vosa colaboración.
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.