O equipo de Biblioribeira quere agredecervos a vosa participación no noso Trivial co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas e darlle a noraboa ás dúas gañadoras deste ano, Noa T. (1º ESO B) e Ángela G. (1º Bacharelato B), as cales recibirán cadanseu cheque por valor de 15€ para trocar por libros na Libraría Paz do Porriño.
Velaquí as respostas ao noso Trivial:
- Cal é o nome da famosa librería da cidade do Porto que ten sona pola relación que garda con Harry Potter e a súa creadora, JK Rowling? Lello.
- A biblioteca municipal do Porriño forma parte dun edificio que se chama… Centro cultural municipal.
- Recoñecida coma a librería máis antiga do mundo, a Librería Bertrand está na cidade de... Lisboa.
- O edificio do centro da imaxe é parte dunha famosa biblioteca inglesa (a Bodleian Library). En que cidade a podemos atopar? Oxford.
- Que se decide facer con moitos libros de cabalaría no capítulo 6 do Quixote? Queimalos.
- Unha biblioteca é un lugar onde se conservan e se len libros. O lugar onde se gardan xornais e revistas é unha: hemeroteca.
- A biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela está localizada no... Pazo de Fonseca.
- Outra de Harry Potter: As escenas da biblioteca de Hogwarts e do gran comedor foron rodadas en edificios da universidade de que cidade inglesa? Oxford.
- As etiquetas que van pegadas no lombo dos libros da nosa biblioteca conteñen a seguinte información: Nome do/a autor/a, título e tipo de libro (xénero literario, se é de ciencias, historia, arte...).
- Na biblioteca do Palacio de Mafra e na da Universidade de Coimbra habitan uns animais que "colaboran" na conservación dos libros antigos alimentándose doutros animais (insectos, sobre todo) que poden deterioralos. Estes animais son: morcegos.