Skip to Content

Pagamento de taxas para expedición de títulos académicos

Para a solicitude do título de:

  • Bacharelato
  • Ciclo medio
  • Ciclo superior

Faise necesario o pago dunhas taxas que se pode realizar de maneira presencial o telematicamente.

PROCEDEMENTO

Unha vez rematados os estudos de Bacharelato, Ciclo Medio (incluída a FCT) ou Ciclo Superior (incluídos FCT e proxecto) hai que solicitar a expedición do título. Para iso hai que realizar o pago das taxas correspondentes.

MOI IMPORTANTE

  • NON PAGAR AS TAXAS antes de asegurarvos que titulastes.
  • A data de ingreso da taxa na entidade bancaria TEN QUE SER POSTERIOR á data da avaliación final.

O pago das taxas pode facerse de dúas formas:

PRESENCIALMENTE

Acudir á secretaría do centro e recoller o Impreso de autoliquidación de taxas, cumprimentalo e ir á entidade bancaria colaboradora para realizar o pago. Presentarase na secretaría xunto coa fotocopia do DNI (Se se aplica unha redución por familia numerosa, tamén hai que levar o libro de familia e unha fotocopia).

TELEMATICAMENTE

O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/

Os pasos a seguir son:

  • Cidadáns.
  • Pago de taxas e prezos: iniciar taxa.
  • Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
  • Iniciar taxa.
  • Introducir os datos da taxa (Pódese ver un exemplo ao final desta páxina).
  • Continuar.

Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns - Pago de taxas e prezos - Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730->731 para achegalo no formulario da solicitude do título, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título.

IMPORTANTE. Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Cos datos deste recibo, terá que volver á aplicación e xerar o MODELO 730-> 731, que será o que se entregará.

TARIFAS VIXENTES (Tarifas oficiais 2023)

TÍTULO TARIFA NORMAL

TARIFA FAMILIA NUMEROSA

(XERAL)

TARIFA FAMILIA NUMEROSA

(ESPECIAL)

DUPLICADO
Bacharelato 54.00 € 27.03 € 0 € 4.98 €
Ciclo Medio 22.07 € 11.06 € 0 € 2.55 €
Ciclo Superior 54.00 € 27.03 € 0 € 4.98 €

.

Exemplo de como cubrir o impreso de autoliquidación de taxas.

.

Iniciar sesión

  Biblioteca           



page | by Dr. Radut