Skip to Content

O mes das Letras

Maio é o mes das letras en Biblioribeira. Visitas de autores, obradoiros, exposicións... Se cada mes traballamos para que non falte de nada, o mes de maio o dobre.

Visitounos Gabriel Álvarez para falarnos da tradución do xaponés ao galego e especialmente do manga. Tamén tivemos a Carlos Labraña con "Ler teatro".

Dentro das actividades de xadrez tivemos un torneo de partidas rápidas e a entrega de premios.

Como convivio con outros centros realizamos a III Xuntanza Literaria no parque Alba. Compartíronse lecturas na herba co sol presente.

O alumnado do club de lectura de manga, xunto con outros dous centros, visitou a feira Expotaku na Coruña.

Para celebrar o día das Letras Galegas e homenaxear a Luísa Villalta. expuxemos a obra da autora no noso expositor. houbo un obradoiro de "Chapas de letras" , nos recreos activos fixemos marcapáxinas de Luísa Villalta e houbo música dela e na radio todos os martes e xoves do mes organizouse unha sección chamada "lendo a Luísa Villalta" onde alumnado e profesorado voluntario leron fragmentos da súa obra. Ademais tivemos un especial "Pasa palabra" das letras.

Completáronse os recreos activos cun taller de cubos de Rubik.

Seguindo co proxecto roupa completouse a exposición do Proxecto na entrada do centro.

Por último, e por suposto non menos importante, o día 24  realizouse a gala de entrega de premios Roberto Vidal Bolaño.



page | by Dr. Radut