Abril, mes dos libros
Abril chega cheo de actividades para celebrar o mes dos libros.
Comezamos co 2 de abril como día internacional do libro infantil. O día 8 celebramos o día do pobo xitano. Tivemos obradoiro de macramé e fixemos pulseiras coas cores da bandeira xitana, tivemos unha charla dunha exalumna falando do seu percorrido como estudante e no mundo laboral e houbo un especial de radio. Tivemos as visitas de David Álvarez, tradutor profesional que nos viu falar da importancia da tradución no mundo literario, María Reimonsez, que nos falou da súa obra e especialmente de Furia; Celia Diaz, que acompañou unha sesión do club de lectura de adultos falando do seu libro Corte e confección; Núñez Singala viu charlar sobre Sociolingüística co alumnado de 1º de Bacharelato e por último Marga do Val, deunos unha charla sobre a homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas, Luísa Villalta. Tivemos un obradoiro de escritura cuneiforme para poñernos na pel dun escriba de Mesopotamia.
O luns 22 de abril comezou a II Olin¡mpíada literaria. Todos os días unha nova pista para dar co personaxe, obra ou autor/a que se agocha detrás.
O culb de manga organizou unha exposición sobre cultura xaponesa e manga que contou con diferente material que puña de manifesto a relación entre a cultura e tradición xaponesa, a vida diaria do pobo xaponés coa cultura manga.
O día do libro, 23 de abril, tivemos un obradoiro de papirofléxia relacionado coa temática do proxecto anual da biblioteca e do centro, a roupa. E confeccionáronse marcapáxinas con forma de vestidos, camisas e pantalón empregando a técnica do plegado de papel.
Como resultado da colaboración entre centros o 24 de abril o alumnado voluntario de biblioteca foi ao CEIP Antonio Palacios para o apadriñamento lector. Unha actividade que une diferentes xeración arredor dos libros.
Tamén inauguramos a exposición do traballo do alumanod de 2º e 4º sobre o proxecto roupa chamado "Expresións do campo semántico da roupa". E a roupa quedou tendida!
O 25 de abril celebramos a revolução dos cravos cunha exposición nos corredores de textos escritos por diferentes autores portugueses sobre o acontecemento desa data e tamén cun especial de radio feito en português.