Skip to Content

CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA MAIORES DE 55 ANOS

Vanse realizar no noso centro cursos de capacitación dixital organizados polo Ministerio de Educación para maiores de 55 anos.

Haberá varias convocatorias. Obterase un certificado oficial expedido polo Ministerio ao rematar cada curso.

Grupo 1: Xullo 2023 10, 12, 13, 17, 18, 19, 20 e 21 de 10:00 a 12:30

Grupo 2: Setembro 2023 18, 19, 20, 21, 26, 27, 28 e 29 de 18:00 a 20:30

Grupo 3: Outubro-Novembro 2023 16, 18, 23, 25, 30 de outubro, 2, 6 e 8 de novembro, de 16:30 a 19:00

Grupo 4: Novembro 2023 7, 9 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de 18:00 a 20:30

Son cursos de 30 horas en total. 20 horas son presenciais no centro e 10 horas non presenciais para facer tarefas na casa. As horas presenciais repártense en 8 días con 2 horas e media cada día.

Estes cursos permitirán á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízase de forma telemática.

Podedes chamar ao centro para máis información.

Iniciar sesión

  Biblioteca           



pagina | by Dr. Radut