Concerto de Uxía Senlle
O pasado 3 de maio contamos no noso centro coa extraordinaria voz da cantante galega Uxia Senlle, unha das grandes embaixadoras musicais da cultura galega no mundo da lusofonía. Xunto co guitarrista brasileiro Sergio Tannus, Uxia fixo un percorrido polo seu máis recente repertorio, incluído no album "A palabra cantada". Uxía falounos sobre as cantigas de amigo, a importancia das mulleres na tradición oral, algúns dos nosos poetas máis relevantes (Rosalía, Curros Enríquez, Manuel María, Uxío Novoneyra...) e a conexión da cultura galega co eido lusófono. No remate do concertocantamos todos con Uxía algunhas cancións galegas e portuguesas.