Skip to Content

Biblioribeira

 

 

A nosa biblioteca escolar está integrada no edificio principal do centro, nunha zona tranquila e accesible para a comunidade educativa. Ten una superficie aproximada de 100 m2 que acollen os fondos, dous puntos lectores para expoñer as novidades e apoiar as commemoracións, ademáis dun espazo de lectura de cómics e revistas.

O total de fondos bibliogáficos e videográficos  rexistrados está en torno a 16.000 volumes. Hai tamén catro ordenadores a disposición do alumnado, outro para xestión e tres portátiles para distintos usos.

O  equipo de apoio está constituído por membros do profesorado pertencentes a diferentes departamentos, a súa función e colaborar no mantemento e organización dos fondos así como na dinamización, creación de materiais didácticos e recursos, e na organización e celebración de eventos con outros centros e asociacións da contorna.  Destácanse neste apartado o Samaín, o Mes da Ciencia en Galego, o día Contra a Violencia de Xénero, o día da Paz o día da Muller, o 23 de Abril coa conmemoración da Semana do Libro e o 17 de maio coa Semana das Letras Galegas. A biblioteca é lugar de encontros literarios e artísticos, de acollida en intercambios culturais e de expansión práctica da apredizaxe.

O club de lectura ten un forte enraízamento na comunidade educativa: o club de ESO e Bacharelato con oito grupos en total e un club de lectura de adultos.

 

A biblioteca escolar do IES Ribeira do Louro está integrada no programa PLAMBE de bibliotecas escolares de Galicia e ademáis de recibir recursos económicos, formación, asesoramento continuado e acompañamento por parte da D.X. de Centros e Recursos Humanos responsable do programa, a través da Asesoría de bibliotecas escolares; por outra parte, o profesorado responsable e coordinador dos equipos de biblioteca destes centros participa dun foro profesional no que se comparten informacións, experiencias e propostas de traballo ao longo do curso escolar.

 

     

 



page | by Dr. Radut