CONGRESO INTERNACIONAL CLMNTK17 -- EDUCO2cean ERASMUS +
O IES Ribeira do Louro rematou a súa participación no Congreso Internacional CLMNTK17 dentro do marco da alianza estratéxica EDUCO2cean - ERASMUS + do que é socio colaborador.
Este campus xuvenil internacional e seminario docente de Investigación - Acción EduCO2cean-Erasmus + celebrouse, na súa fase de produción, na localidade lusa de Aveiro do 2 ao 6 de setembro e, na súa fase de difusión, do 6 ao 9 de setembro na localidade galega de Noia.
Participaron alumnos/as e profesores/as de varias comunidades autónomas (Galicia, Castela, Murcia, Andalucía, Canarias, Madrid, ....) e tamén de Portugal e México.
Os alumnos participantes seleccionáronse a través dun congreso virtual. Estes alumnos gañadores tamén conseguiron unha praza para os seus docentes orientadores do proxecto no seminario de investigación - acción sobre o campus EduCO2cean - Erasmus+.
As nosas alumnas seleccionadas para este campus foron: Andrea Calvo, Alba Carrera e Alba Castro de 4º ESO cos seus traballos: "A nosa estrela, a nosa enerxía" e "Humanos vs Océanos".