February book haul
En febreiro chegou á nosa biblioteca unha das maletas viaxeiras en inglés dende Bibliotecas Escolares de Galicia. No departamento preparáronse varias actividades para sacarlle partido a estas lecturas. Un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato fixo unha escolla de novela gráfica para grabar un “haul”.
Un haul é un video que consiste en presentar unha selección de lecturas que se acaban de mercar ou regalar. O máis habitual é facer un haul mensual, esta é unha tendencia moi extendida entre @s booktubers.