FPB ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA
CICLO DE GRAO BÁSICO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA (info Xunta)
Quen pode cursar este ciclo? (+ info)
Para poder matricularse no ciclo de grao básico hai que cumprir os seguintes requerimentos:
- Ser proposto polo equipo docente.
- Ter o consentimento da nai, do pai ou dos/as titores/as legais.
- Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo.
- Ter cursado o 3º curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o 2º curso.
Que se aprende a facer?
O que se aprende neste ciclo é a realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Cales son as saídas profesionais deste ciclo?
O perfil profesional do título profesional básico en Electricidade e Electrónica, dentro do sector terciario, evoluciona cara á especialización na instalación e no mantemento de infraestruturas de telecomunicacións, sistemas de seguridade, redes, domótica, telefonía, son e equipamentos informáticos.
Trátase dun sector con grandes perspectivas de futuro, cunha gran demanda de traballadores cualificados:
- Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión
- Axudante de montador/a de antenas receptoras de televisión e satélites
- Axudante de instalador/a e reparador/a de equipamentos telefónicos e telegráficos
- Axudante de instalador/a de equipamentos e sistemas de comunicación
- Axudante de instalador/a reparador/a de instalacións telefónicas
- Peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica
- Axudante de montador/a de sistemas microinformáticos
- Operador/a de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos
- Auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos
- Probador/a axustador/a de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos
- Montador/a de compoñentes en placas de circuíto impreso
En que horario se imparten as clases?
O horario para o ciclo de FP Básica de Electricidade e Electrónica é:
Luns a venres pola mañá: 8:45h a 14:15h
Martes pola tarde: 16:00h a 17:40h
Canto duran as prácticas e onde podo facelas?
Unha vez que se aproben todos os módulos hai que realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT), que son as coñecidas “prácticas” en empresas. O periodo de prácticas é o terceiro trimestre do segundo curso cun total de 320 horas.
Estas prácticas realízanse en empresas da zona que se dedican a realizar instalacións de telecomunucación, como poden ser instalacions de antenas de televisión, de redes informáticas, dómoticas, infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios (ICT).
As prácticas ofrecen a posibilidade de coñecer o mundo laboral e que as empresas te coñezan a ti, dándose a oportunidade nalgunha ocasión de conseguir un contrato laboral.
Cando remate o ciclo, que podo facer?
Ter o título de título profesional básico en Electricidade e Electrónica permíteche obter o título da ESO.
Ademáis, acceder a outros ciclos de formación de grao medio, como por exemplo o CM de Instalacións de Telecomunicacións, que se imparte neste mesmo centro.
Ademais, ao estudar no IES Ribeira do Louro, podes facer parte da Bolsa de Emprego para poder ter acceso as ofertas que publiquen as empresas colaboradoras.
Cales son os módulos que vou estudar?
Os módulos do ciclo distribúense en dous cursos seguindo a seguinte táboa. O terceiro trimestre do segundo curso dedícase á formación en centros de traballo (FCT) (prácticas en empresas).
Por qué estudar este ciclo no IES Ribeira do Louro?
Os distintos módulos están enfocados cara a destreza práctica, complementando a formación e tratando de conseguir unha aprendizaxe completa e significativa.
Ademais da formación, outórgase gran importancia ao coñecemento do sector realizando saídas a:
- Empresas do sector das posibles saídas profesionais do módulo.
- Visitas a outras empresas relacionadas co sector.
- Feiras relacionadas coas telecomunicacións.
- Feiras dedicadas á formación.