Skip to Content

Blogues

Festa das Letras Galegas

Esta semana estamos a realizar diferentes actividades para celebrar a Festa das Letras.

FLorencio Delgado Gurriarán é unha mostra da importancia na nosa literatura e sociedade do exilio e da emigración. Para sermos conscientes da importancia desta realidade social no noso país realizamos unha exposición. O noso estudantado de 1eiro e 2º da ESO elaboraron un traballo no que se achegasen a algún parente que experimentase a emigración/exilio. Todos temos algún ou algunha.

Ademais, esta exposición enriqueceuse coa experiencia de entrevistar maiores do Centro de Día da nosa parroquia, Torneiros, que tamén tiveron que deixar o seu fogar por razóns socio-económicas.

Finalmente, para coñecermos o noso debemos partir do máis próximo. O estudantado de 1eiro da ESO presentaron nesta semana dúas maquetas que levan máis de dous meses elaborando sobre o noso concello e as súas parroquias. Están expostas baixo o lema "Coñeces o teu concello?"

Ademais, o grupo de teatro do noso centro fixo a representación da peza que leva todo o curso preparando: Idiota, un texto de Jordi Casanovas.

 

E, por último, o venres 20 asistimos o alumnado de Oratoria de 1eiro e 2º da ESO ó I Encontro de Bibliotecas do Concello do Porriño. 

 

A todo isto sumáronselle outras actividades doutros departamentos coma o baile dass Tanxugueiras que fixemos practicamente todos os membros do instituto, organizado polo profesor Víctor do Departamento de Historia.

Foi unha semana cargada de actividades; foi unha gran festa ó redor do noso idioma e país!!!

Día do teatro

27 de marzo, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Neste día queremos lembrarvos a convocatoria do V Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro para a xuventude que convoca o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia coa colaboración do Concello do Porriño.

Éxito das nosas monologuistas no IES Pedro Floriani (Redondela)

      As nosas alumnas levan os monólogos teatrais sobre mulleres sobranceiras da historia ao IES Pedro Floriani, de Redondela. Despois das 16 actuacións realizadas no noso instituto durante o 8 de marzo, para conmemorar o Día da Muller, as nosas novísimas actrices de 1º e 2º ESO aceptaron o convite do instituto redondelán e colleitaron un formidable éxito nas súas aulas. Parabéns a todas elas e moitas grazas ao alumnado e profesorado que tan amablemente nos acolleron.

Actividades desenvolvidas polo departamento nos 1eiro e 2º trimestes do curso 2021-22

Este primeiro da ESO o noso alumnado desenvolveu diferentes actividades:

1. Lectura do manifesto en denuncia da violencia contra a muller, o 25 N, por parte do estudantado de Oratoria de primeiro da ESO.

 

2. Participación no informativo de TeleLouriña por parte do estudantado de Oratoria de 1eiro da ESO (a partid do minuto 4:10):

https://www.youtube.com/watch?v=0-W4_FS0QsE

3. No nadal o alumnado de 1eiro da ESO cantou unha panxoliña de nadal.

 

4. Novamente, houbo unha sesión de contacontos para os centros de infantil da nosa área desenvolvido polo estudantado de Oratoria de 1eiro da ESO.

 

5. No mes de abril, o alumnado de terceiro da ESO foi a Celanova: visitamos o mosteiro, a Casa dos Poetas e Vilanova dos Infantes.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut