Skip to Content

blogue dedominguezportela

Traballo Proxecto Competencial

Neste ano lectivo 22-23, no noso centro a hora de Proxecto Competencial está dedicada a estudar a horta. A aproximación a este ámbito de coñecemento farase dende diferentes perspectivas científico-técnicas. No curso de primeiro da ESO, estudan a horta dende o ollar da Bioloxía. En terceiro da ESO, é dende unha perspectiva filolóxica.

No primeiro trimestre, elaboramos:

Un vídeo cos resultados dese traballo: https://drive.google.com/file/d/10ulPHQyWsGkBfAeXo1RfPF77BXgUOxv0/view?usp=drivesdk

Un dicionario visual: https://sites.google.com/view/eixidodalourinha/inicio

Traballos do primeiro trimestre en Proxecto Competencial

Este ano académico, no noso centro, estudamos a horta na hora de Proxecto Competencial. En cada curso faise dende un ollar científico-técnico diferente. Deste modo, en primeiro faise dende a Bioloxía e en terceiro dende a Filoloxía Galega.

Os resultados de traballo deste trimestre son:

 

1. sites.google.com/view/eisidodalourinha/inicio

 

2. Vídeo Proxecto competencial: está anexo a esta entrada.

 

Outras actividades do 3eiro trimestre

Neste último trimestre fixemos varias actividades, fóra das centradas na semana das Letras. Estas foron:

- O estudantado de primeiro da ESO rematou o proxecto de investigación sobre o noso concello que resolveu na presentación dunha maqueta do Porriño con enlaces QR nos que se recollen os traballos de investigación sobre as nosas parroquias e algúns dos puntos de maior interese.

 

- O estudantado de primeiro da ESO fixo, xunto co departamento de Bioloxía, unha saída á beira do río Louro para encontrarmos as herbas de San Xoán, xa que estamos no mes homónimo.

 

- O alumnado de português fixo unha viaxe de estudos a Coimbra.

 

- O día 16 de xuño fomos de excursión ás Terras do Deza, a visitar o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa.

Festa das Letras Galegas

Esta semana estamos a realizar diferentes actividades para celebrar a Festa das Letras.

FLorencio Delgado Gurriarán é unha mostra da importancia na nosa literatura e sociedade do exilio e da emigración. Para sermos conscientes da importancia desta realidade social no noso país realizamos unha exposición. O noso estudantado de 1eiro e 2º da ESO elaboraron un traballo no que se achegasen a algún parente que experimentase a emigración/exilio. Todos temos algún ou algunha.

Ademais, esta exposición enriqueceuse coa experiencia de entrevistar maiores do Centro de Día da nosa parroquia, Torneiros, que tamén tiveron que deixar o seu fogar por razóns socio-económicas.

Finalmente, para coñecermos o noso debemos partir do máis próximo. O estudantado de 1eiro da ESO presentaron nesta semana dúas maquetas que levan máis de dous meses elaborando sobre o noso concello e as súas parroquias. Están expostas baixo o lema "Coñeces o teu concello?"

Ademais, o grupo de teatro do noso centro fixo a representación da peza que leva todo o curso preparando: Idiota, un texto de Jordi Casanovas.

 

E, por último, o venres 20 asistimos o alumnado de Oratoria de 1eiro e 2º da ESO ó I Encontro de Bibliotecas do Concello do Porriño. 

 

A todo isto sumáronselle outras actividades doutros departamentos coma o baile dass Tanxugueiras que fixemos practicamente todos os membros do instituto, organizado polo profesor Víctor do Departamento de Historia.

Foi unha semana cargada de actividades; foi unha gran festa ó redor do noso idioma e país!!!

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut