A formación en economía faise necesaria nun contexto globalizado, no que as relacións entre os axentes económicos e sociais son cada día máis complexas. A consideración do comportamento económico das persoas na procura da satisfacción das súas necesidades, así como da produción e da organización dos bens e os servizos necesarios, e da distribución dos recursos escasos facilitan a compresión da realidade social.