Skip to Content

Extraescolares e complementarias

Mily Osorio de visita no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

   

Rematamos o curso coa visita de Mily, filla do prezado escultor Eduardo Rodríguez Osorio, que foi profesor do Instituto Laboral dende  a súa creación en 1955 ata 1963.

Premios MegABAU

Parabéns a Andrea Rodríguez e Alba Fernández, representantes do noso centro no Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024 que tivo lugar no Coliseum da Coruña o venres 21 de xuño.

Unha viaxe no tempo a través da Arte de Eduardo Rodríguez Osorio

Alumnos e alumnas do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, acompañados por Roberto Rodríguez e Susi Besteiro visitaron no Forte de San Damián, a exposición “Unha viaxe no tempo a través da Arte” de Eduardo Rodríguez Osorio.

Gañadoras II Concurso Escolar EcoEduca

VER VÍDEO

Cinco alumnas de 2° ESO do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo foron gañadoras a nivel nacional da 2ª Edición do Concurso Escolar Ecoeduca: "Haz tu mundo más sostenible" organizado por PortAventura World.
As alumnas: Iria Molejón, Sara Samrawit Otero, Santina Pilar Rocha, Claudia Rañón e Iria López acompañadas polos profesores Andrés Rodríguez e Granadina Díaz do departamento de Física e Química resultaron gañadoras no concurso escolar co proxecto YINCANA CUIDA MEDIO AMBIENTE

INTERCAMBIO ALUMNADO FRANCIA

   

O departamento de francés do centro, organizou este curso un intercambio co Lycée Laënnec de Pont L'Abbé no país galo grazas ao programa EduFrance da @xuntagalicia.
Alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato de francés acompañados polas súas profesoras de francés, Ana Mauriz e Natalia Pérez puído visitar Paris e pasar unhas xornadas cos seus correspondants nesta zona da Bretaña francesa e incluso achegarse a coñecer Loctudy, a vila irmandada coa nosa de Ribadeo. A estancia do alumnado ribadense en Francia tivo unha duración de 7 días e desenvolveuse do luns 20 ó domingo 26 de maio.

Finais torneos deportivos

O último venres de curso puidemos gozar das semifinais e finais dos torneos deportivos que se organizaron durante este curso 23-24.

Representación obra teatral "A Enciclopedia Álvarez"

VER VÍDEO

O último día do curso, o alumnado de 2º de ESO de Proxecto Competencial representou a obra teatral “A Enciclopedia Álvarez” dirixido pola súa profesora Mirian Bouso.
Descubrimos grandes talentos descoñecidos para nós os que haberá que seguir a pista porque chegarán moi lonxe. Unha grandísima experiencia tanto para os actores e actrices como para o público, alumnado, profesorado e familias que disfrutaron da actuación.
Como ben dixo a súa directora: Que viva o teatro!!

Clausurada con éxito a XXIX Feria da Ciencia

GALERÍA DE FOTOS

Numeroso público se achegou os días 13 e 14 de xuño ó IES de Ribadeo Dionisio Gamallo onde se celebrou a XXIX Feira da Ciencia. Os traballos presentados recibiron numerosos parabéns dos visitantes que tamén quedaban sorprendidos coa beleza do cartel anunciador, obra da alumna Claudia Loureiro.

Festa fin de curso Departamento Portugués

VER FOTOS

No patio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, no día 21 de xuño, data de peche do curso escolar, no ámbito dunha forte articulación interdisciplinar, o alumnado de portugués tivo un momento de encontro compartindo momentos en conxunto.

Premios I Bioblitz IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

 

Para completar a actividade do I Bioblitz IES Ribadeo durante a cal se fixo un rexistro intensivo de especies no xardín do instituto e alrededores, tivemos unha sesión post-saída e Belén Pérez Teijo, socia colaboradora da Plataforma “Fotografía y Biodiversidad” amosounos a forma de obter moitos datos estadísticos a partir das observacións que subimos á plataforma Observation.org. durante a actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut