Skip to Content

8 MARZO 2022

Unha convocatoria realizada por unha escola embaixadora centra os actos do noso centro para o alumnado embaixador do parlamento europeo nesta data sinalada. Dignificar o posto dos seres humanos na sociedade actual pasa por equilibrar unha situación de desigualdade dificilmente comprensible a estas alturas do mundo.... Pero aí está! mantendo o seu muro inexpugnable a pesares de todos os intentos que nos últimos tempos veñen impoñéndose no mundo que nos toca. 

Non podemos permitir que esta situación se manteña, non podemos deixar pasar ningún día sen reclamar igualdade, inclusión, paz,... debemos converter en consigna de vida a tolerancia, a cooperación e a convivencia pacífica. Vendo o que sucede ao noso redor, tanto no mundo lonxano como no máis cercano. Debemos impoñermos a tarefa de manter un espíritu de reivindicación, de xustiza e sobre todo de igualdade entre todos os seres humanos.

Nunca con tanta razón os argumentos da FILOSOFÍA deben servir para amalgamar os desexos, as voces, os anhelos dun futuro en PAZ e IGUALDADE.

Quixemos reflectir desde o noso centro parte da riqueza humana coa que convivimos e pedimos a todos e todas os que quixeran compartir a imaxe dalgunha das mulleres presentes na súa vida como grito claro da necesidade de TODOS e TODAS para construir un mundo mellor. Desde esa esperanza queremos compartir con vos a nosa imaxe de futuro.

Algunhas están aquí, pero hay moitas máis.... todo un mundo que se move ao noso redor, e TODOS queremos movermos con elas....!

8 MARZO IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

Adxuntamos tamén o MANIFIESTO para a lectura coordinada de todas as ESCOLAS EMBAIXADORAS ás 12:00 horas.

Séguenos en TWITER

Se queredes coñecer algo máis da historia de esta data podedes acceder a este contido: Sobre as orixes do 8 de marzo.



blog | by Dr. Radut