|
Domingo 21 de marzo, 2020 Cumprimos un tempo de cuarentena, e parece ser que aínda deberemos prorrogala máis alá do previsto. Dadas as actuais circunstancias lembrade a necesidade de manter unha rutina e unha estrutura de traballo diaria. O alumnado de secundaria ten material na plataforma de EDIXGAL, e nos contidos xa comentados. Para o alumnado de Bacharelato na AULA VIRTUAL seguen os contidos de repaso e actualización. Lembrade a necesidade de manter o espírito activo, constante e ben estruturado. Repartide o tempo e o espazo (formas a priori da sensibilidade) e subide os traballos. Non supón moito esforzo, e é necesario. A Filosofía se contaxia pero non polo malo.... por esta razón debo lembrarvos que tedes material dabondo na AULA VIRTUAL, e tamén comunicación direta co profesorado. CALQUERA CUESTIÓN, PREGUNTA, DÚBIDA,... podedes facela chegar diretamente e a resolveremos pronta, dilixente e asepticamente. Ánimo e un saúdo para TODS....!!! Que a FILOSOFÍA VOS ACOMPAÑE!! |
Podedes botar un ollo aos contidos (de recente creazón) de todas as materias e de moitos niveis: AULAS GALEGAS. Aí tedes por exemplo, un video explicativo sobre como afrontar un comentariode textos de filosofía... nada novo para vos, pero sempre é interesante que cho conte outro, e así poder comparar. Xa contaredes!!!!