O pasado martes, 15 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º BACH do noso centro, xunto co do resto de centros do concello e usuarios do Centro de Día, tivo a oportunidade de asistir á proxección do filme "O que arde" e ao posterior coloquio co propio director, Oliver Laxe.
“O que arde” é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe. Estreouse na sección “Un Certain Regard” do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial.
O filme aborda a problemática dos lumes no rural galego. A historia desenvólvese nos Ancares lucenses e conta dúas historias en paralelo: a dun veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á vila e a de dous brigadistas que traballan na loita contra os incendios.
Preme aquí para ver a nova na páxina do Concello de Ribadeo.