NOTA: Para ver todo o mes, preme en "Ler máis"
SEMANA DA PRENSA
Día 22: Con motivo da semana da prensa, o xornalista José Alonso impartiu unha charla destinada ó alumnado de 1º da ESO. A actividade organizouna o profesor Manel Yáñez, do departamento de filosofía.
VIAXE A BARCELONA
Un grupo de alumnos de 4º de ESO viaxaron o día 20 a Barcelona para participar os días 21 e 22 en Expocerca. Como acompañante foi Sonia Bergantiños, Vicedirectora. Organizou a actividade o departamento de física. MÁIS FOTOS.
VIAXE A PORTO
O día 21 de marzo, o alumnado de portugués iniciou unha viaxe de varios días a Porto. Organizou a actividade Dores Fdez Abel, profesora de portugués. MÁIS FOTOS
CHARLA: AS MINAS DE OURO
O día 21 o departamento de Ciencias Naturais organizou unha charla sobre o impacto ambiental das minas de ouro coma as que se prevén poñer en funcionamento no occidente de Asturias ou en Corcoesto. Asistiu alumnado de 4º de ESO e de bacharelato.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CIFP "PORTA DA AUGA"
O día 21 o alumnado de 4º da ESO visitou o CIFP Porta da Auga, aproveitando que celebraban unha xornada de portas abertas. Organizou a actividade Ana Isabel Quian, do departamento de orientación.
VIAXE A MADRID
Entre o 19 e o 21, o alumnado de 3º da ESO realizou unha viaxe a Madrid para asistir a varios eventos musicais e, de paso, realizar algunha outra outra visita de interese. Primeiramente foron a un concerto no auditorio nacional e despois ó musical "Sonrisas y lágrimas" e ó dos "40 principales".
Como acompañantes, foron Ángeles Ríos, profesora de música e Manel Yáñez, do departamento de Filosofía. Organizou a actividade o departamento de música. Podes ver aquí algunhas FOTOS da viaxe.
APAGAOPLANETA
O noso instituto participa na iniciativa APAGAOPLANETA, xunto con outros 117 centros de todo o estado. A intención é concienciar a comunidade escolar sobre a importancia da reciclaxe e o consumo responsable. Podes ver aquí máis información.
CURSO PREPARATORIO PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)
Lamentamos comunicar que, polo de pronto, non nos concederon o curso preparatorio para a obtención do CELGA 4 que tiñamos solicitado. Parece ser que o orzamento só daba para impartir 10 cursos e nós estamos no posto 11, sendo polo tanto os primeiros do listado de reserva, como se pode ver na resolución da SXPL. En caso de que algún dos concedidos non se poida celebar, supoñemos que o substituiriamos nós e, de ser así, avisaremos de inmediato ás persoas preinscritas.
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Con motivo do Día Internacional das Mulleres, desde o CIM do Concello de Ribadeo organizaron un photocall en distintos lugares da vila co lema "Igualámonos". Durante o recreo do día 7, tamén visitaron o noso instituto. Podes ver máis fotos na nosa galería.
Desde o equipo de dinamización lingüística tamén queremos contribuír a difundir esta data: