O alumnado de portugués da ESO e todo o de 3º de ESO púxolle o ramo á primeira avaliación viaxando a Valença do Minho e Vigo.
En Valença coñeceron a Fortaleza e a súa historia; en Vigo, o casco histórico. Tamén visitaron o Museo do Mar para ver o Pergamiño Vindel, e aprender sobre a época en que foi escrito.
As profesoras Mírian Bouso, Isabel López López, Dores Fernández Abel e o profesor Suso Fernández Acevedo acompañaron o alumnado nesta xeira de espairecemento e aprendizaxe. Mais fotografías