Skip to Content

Montse

Montse Iravedra estivo con nós nos últimos anos, na oficina. Nin os períodos de agobio pola carga de traballo, nin as intervencións pouco afortunadas que sempre hai que acabar oíndo cando se atende ó público, nin os momentos persoais adversos nin ningunha outra circunstancia lograron nunca modificar o seu bo talante, a súa amabilidade coa xente, o seu sorriso permanente, a súa eficacia...

Hai pouco decidiron trasladárnola para o Colexio Gregorio Sanz. Parécenos ben que os colexios públicos conten con persoal para a administración, que o traballo é moito en todos os lados, pero non que se cubran esas prazas á conta de precarizar outras. E menos aínda cando se nos dixo que a fusión dos dous centros que deron lugar ó noso non ía afectar ó persoal. Palabras que se esquecen. Non compartimos a decisión pero temos que aceptala.

Non quixemos que Montse se fose sen unha pequena mostra do noso agradecemento e afecto. Por iso hoxe nos xuntamos para tomar un café, charlar e entregarlle un pequeno agasallo.

Moita sorte, Montse.

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut