O xoves, 11 de xuño, tivo lugar a entrega de premios correspondente á 1ª edición do xogo "A palabra perdida", coordinado pola profesora Susana Díaz Orol, do equipo da biblioteca. As vencedoras foron o equipo nº 1, formado por Nuria Fernández Fanego, Cristina Pérez Díaz, Uxía Lorenzo Rivas e Ana Rico Díaz, de 3º de ESO.
Aquí vemos unhas imaxes do acto:
Na primeira, aparecen as alumnas gañadoras acompañadas por Susana Díaz, coordinadora da actividade; na outra, a alumna Cristina Vizoso Cruz le un texto sobre a importancia dos libros, das bibliotecas e da lectura, acompañada por Alfonso Piñeiro, Director do centro, e por Teresa Díaz, Coordinadora do equipo da biblioteca.