Skip to Content

ENTREGA DIPLOMAS EMBAIXADORES/AS DO PARLAMENTO EUROPEO

Antes de finalizar as clases quixemos entregar algúns dos diplomas recibidos como CENTRO MENTOR DAS ESCOLA S EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO. Ao alumnado de 2º BAC tivemos que entregarllos cando volveron da ABAU, e ao alumnado de 2º e 3º ESO e de 1º BAC entregarémosllos no inicio do novo curso... Pero non quixemos resignarmos e un pequeno grupo de 4º ESO recibiu os seus diplomas aproveitando un momento de actividade no salón de actos do centro. Ademais este alumnado fixo un labor especial dedicando parte do seu tempo a crear obxectos relacionados coa Tecnoloxía e que foron expostos na anual Feira da Ciencia do centro e aínda deixou preparada algunha sorpresa máis. Agradecidos polo seu entusiasmo! pasade un bo verano!!!!



blog | by Dr. Radut