Novo curso iniciado. Novo alumnado, nocvas actividades e moitas posibilidades. Seguimos como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO, seguimos postulándonos para integrarnos na rede PEA de Escolas da UNESCO, seguimos e seguiremos traballando a igualdade e a integración...
Os nosos primeiros pasos están encaminados á renovación e consolidación do grupo de traballo para as actividades de europeización e internacionalización, e rematar algunhas actividades que quedaron pendentes o pasado curso, e retomar e darlles continuidade ás que son xa un elemento vertebrador do Centro: Prensaescuela, STOP Accidentes, ONCE, SAVE THE CHILDREN, Loco Festival ACNUR, MEP, Investiga I+D+i, EUROSCOLA,... Unha serie de propostas que enriquecen e dinamizan a vida lectiva cotiá do noso alumnado.
Así que xa sabedes: se queredes rendabilizar o tempo, coñecer outras posibilidades, mergullarvos na realidade europea actual, participade nas nosas actividades. Esperámosvos....!