Un ano máis, celebramos o Día dos namorados con "Hai unha carta para ti", unha das iniciativas que, curso tras curso, conta con máis aceptación entre o alumnado.
Cada participante escríbelle unha carta de amor, amizade ou afecto á persoa que quere, utilizando o idioma galego, e introdúcea nun buzón preparado a tal efecto. Hoxe, uns "carteiros" escollidos entre o alumnado axudante entregaron as cartas ós seus destinatarios, acompañadas dun pequeno agasallo entregado pola organización.
Promove e coordina a actividade o Equipo de dinamización lingüística.